Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración...
View more

Episode List

Agasallamos con 100 entradas de balde para o "Coruña Comunica Ciencia"

Feb 9th, 2026 6:00 AM

Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián Diego González Rivas... Tamén se representará o espectáculo “Elemental”, haberá unha charla-concerto de música e matemáticas con Laura Farré, musica e IA con Sofía Oriana e gravación con público de Efervesciencia. Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes https://coruñacomunicaciencia.es/

Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia

Feb 6th, 2026 12:37 PM

Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos da misión Gaia. (20:32) Francisco Castander, Instituto de Ciencia do Espazo-CSIC, preséntanos a misión Euclid da ESA que vai medir amplas rexións do universo para estudar a materia e a enerxía escura. (33:00) Javi Molder impartiu o obradoiro de radioastronomía amadora no Astrogalicia. (35:55) Juan Ángel Vaquerizo (proxecto CESAR da ESA, INTA e ISDEFE) e Marcos Merinero (proxecto ESERA da ESA) traballan en proxectos educativos de astronomía e ciencias do espazo. (50:26) Leticia Pereiras da Asociación Polaris impartiu o obradoiro de astrofotografía no Astrogalicia.

Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza]

Feb 5th, 2026 7:49 PM

Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.

Efer 727 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental

Feb 2nd, 2026 12:18 AM

(2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A arqueoastrónoma do INCIPIT Andrea Rodríguez Antón lévanos aos ceos do Sahara Occidental e a súa relación coa xente que viviu e vive nese territorio agora ocupado por Marrocos. (36:24) Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.

Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor

Jan 24th, 2026 7:07 PM

(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de "Més que ciencia", un proxecto que utiliza novas tecnoloxías para levarlle a ciencia a persoas maiores e con Jennifer García da asociación de mulleres "Hypatia Mars" que promove a exploración espacial inclusiva con misións na Mars Desert Research Station. (28:17) Efeméride do 20 de novembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:49) Na nosa segunda mesa de convidados dos premios **Prismas** contamos con Xaviera Torres, creadora do podcast de RNE Sapiensantes; con Stéphanie Aparicio, galardonada por "Auga clara", un proxecto de divulgación sobre a utilización da auga no medio urbano; e con Emilio García, membro do Instituto de Astrofísica de Andalucía, que recibiu o premio especial do xurado. (52:22) Ademais, unha investigadora do mesmo instituto andaluz, Sara Cazzoli, fálanos de "Clementina e os planetas", un espectáculo teatral con marionetas sobre o noso sistema solar que están a preparar coa compañía galega Nauta Teatro.

Get this podcast on your phone, Free

Create Your Podcast In Minutes

  • Full-featured podcast site
  • Unlimited storage and bandwidth
  • Comprehensive podcast stats
  • Distribute to Apple Podcasts, Spotify, and more
  • Make money with your podcast
Get Started
It is Free