A teoría dos seis graos de separación di que dúas persoas calquera do mundo están ligadas entre si por seis lazos de amizade. En cada programa de “Seis graos” falamos cunha persoa sobre seis temas, escoitaremos seis cancións e ao remate daranos unha lista de seis persoas que coñece que lle recomendaría vir ao programa. Ata que grao chegaremos? Que persoas coñeceremos? Equipo: Isaac González

Episode List

Sexto grao 017: Juan David Diaz López (25-10-2019)

Oct 28th, 2019 8:01 AM

Hoxe sométese ao sexto grao Juan David Díaz López, nado en Lugo nos oitenta. É licenciado en Xornalismo e Historia da Arte, no que fixo o doutoramento sobre a historia dos Hoteis en Galicia. É profesor-titor na UNED en Hª da arte, forma parte do grupo de investigación da USC no que traballa sobre arquitecturas desaparecidas e participa en proxectos de rehabilitación histórica. Playlist 1. Mad Men After Hours - A Beautiful Mine.mp3 2. C418 - floating trees - minecraft volume beta.mp3 3. SMETANA - Moldava.mp3 4. BACH Goldberg Variatio 28.mp3 5. ZIMMER - Interstellar - Mountains.mp3 6. Her - The Moon Song.mp3

Sexto Grao 016: David Lombao (11-10-2019)

Oct 15th, 2019 10:21 AM

David Lombao, nado en Lugo a mediados dos oitenta, estudou xornalismo na USC, traballou en Xornal de Galicia e actualmente é director de Praza Pública e colaborou con outros medios como Nós TV, a Revista Luzes ou a CRTVG. Playlist 1. Angel Stanish – Señor tosco 2. Novedades Carmiña – A santiago voy 3. Xoel López – A serea e o Mariñeiro 4. Fuxan os ventos – O carro 5. Caxade – E isto é o amor 6. Franco Battiato – L’Era del Cinghiale Bianco

Sexto Grao 015: Fernando Fernandez Rego (27-09-2019)

Sep 28th, 2019 6:44 AM

Hoxe sométese ao Sexto Grao Fernando Fernández Rego, actualmente o maior cronista de música feita en Galicia. Publicou numerosos libros, colaborou con Rock Deluxe e outras publicacións expecializadas pero é coñecido sobre todo polos artigos musicais para La Fonoteca, e agora como autor de "Unha historia de música en Galicia 1952-2018", un libro imprescindible para comprender a música popular contemporánea feita en Galicia. Nado en Ferrol. Playlist 1. Andrés do Barro – Namoreime no Ferrol 2. Los Tamara – A Santiago voy 3. Los Cafres – Soy una alimaña 4. Espejos y diamantes – Dias de lluvia, tecnolopo y morrisey 5. Baiuca - Morriña 6. Malandrómeda – Festa malandrómica

Sexto Grao 014: Sergio Salgado (14-06-2019)

Aug 29th, 2019 7:16 AM

Hoxe sométese ao sexto Grao, Sergio Salgado. Consultor de comunicación e asesor político para varias organizacións. Implicado en varios proxectos de activismo e membro de Xnet, plataforma que traballa en campos relacionados cos dereitos dixitais, a democracia en rede, a loita contra a corrupción e a defensa da internet e o seu uso para a autoorganización e a transformación social. É coautor xunto, con Simona Levi, da obra de teatro «Faiche Banqueiro» e do Libro «Votar e cobrar» baseadas na experiencia co proxecto 15 MpaRato 1ª Acusación cidadá que impulsou o Caso Bankia na Audiencia Nacional e destapou o caso das Tarxetas Black. 1. The Fence - Tim Minchin 2. Freedom - Django Unchained 3. In Ale Gasn - Revolutionary Yiddish Anthem 4. Avalon - The Jazz Age - The Bryan Ferry Orchestra 5. Blondie - Dreaming 6. Khalid - Young Dumb & Broke

Sexto Grao 013: Pepe Cuña (28-12-2018)

Dec 28th, 2018 8:51 PM

Pepe Cunha leva máis de vinte anos abríndolle as orellas a Galicia, a emoción que xera a música e o descubrimento de novos grupos fíxolle crear unha web, con crítica de concertos e discos, un programa de radio e participar na emisora de ferrolterra Radio Filispim. Hoxe falaremos e sobre todo abriremos as orellas. Playlist 1. Sokram "Mutant Roll" 2. Chrissie Hynde "I Shall Be Released" 3. Narf "Bos amores" 4. Sumrrá "Rosalía de Castro" 5. Guadi Galego "Fronteiras" 6. Carmen París "Jotera lo serás tú"

Get this podcast on your phone, Free

Create Your Podcast In Minutes

  • Full-featured podcast site
  • Unlimited storage and bandwidth
  • Comprehensive podcast stats
  • Distribute to Apple Podcasts, Spotify, and more
  • Make money with your podcast
Get Started
It is Free